trivial galego 2

Arume Xogal (Trivial Galego)

29,95

Trátase dun xogo de mesa ao que, como boas fans de desafíos lúdicos en tardes de inverno, xa lle adicamos un post hai uns meses.  Unha especie de trivial galego onde testar os teus coñecementos sobre historia galega, xeografía ou mitoloxía en sa competición.

Sabes as dúas formas do participio do verbo erguer? E a árbore que dá as cereixas? Tal vez se che dea mellor a xeografía: en que concello se atopa o Monte Aloia? Se cres que poderías responder de forma axeitada, quizás esteas xa preparado para xogar ao Arume Xogal.

E que é o Arume Xogal? Un xogo de mesa, coñecido tamén coma “O trivial galego”

Arume Xogal está destinado a “calquera persoa con inquedanza por ampliar o seu coñecemento de Galicia dunha maneira sinxela e divertida”. Supoño que finalmente, os escritores galegos son os que son (os que estudamos) e os principais acontecementos históricos son os que nos ensinaron na escola. A competitividade (lúdica) sempre lle dá un plus a iso de aprender cousas que, ou ben nunca soubemos, ou ben están esquecidas.

En canto ao mecanismo do xogo, consiste en completar o percorrido definido por un petroglifo, avanzando a medida que se responden preguntas do tema que toque. Todo o xogo utiliza unha simboloxía celta, e así, por exemplo, o dolmen representa as cuestións de arte, o torque as de historia e o arume as de lingua e literatura. Persoalmente, introduciría un pequeno cambio, porque non hai nada máis aburrido que que alguén responda correctamente unha pregunta e siga xogando eternamente mentres ti esperas a túa quenda para, ai maldición, fallar xa á primeira. Así que eu prefiro xogar a contar tarxetas acertadas que ao que chegue primeiro á meta, pero en fin, cada un xoga coas normas da casa!

Peso 1 kg