ARTE DE AMAR. REMEDIOS DO AMOR

ARTE DE AMAR. REMEDIOS DO AMOR

16,00

Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofreceo sexo. a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo.

Sólo quedan 2 disponibles

Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás mulleres as mesmas artes de sedución. Por outra banda, os Remedios do amor resérvanse a aconsellar sobre como esquecer un amor enfermizo.

Con estas dúas obras queda cuberto o tema amoroso, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende o punto de vista tanto das mulleres coma dos homes. Porén, compoñer poemas deste tipo na Roma de Augusto tiña un prezo, e hai quen sinala que a causa de que Ovidio fose desterrado foi a publicación do primeiro libro, considerado polos ambientes máis conservadores do imperio como unha especie de guía para cometer adulterios.

Peso 0.1 kg