Arredor das Irmandades da Fala

26,50

Pensamento, política e poética en Galicia (1914-1931).

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX.

 

Hay existencias

Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral, interdisciplinar, transversal e aberta. «Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos”. X. L. MÉNDEZ FERRÍN

AUTORES:

Luís Cochón (Coordinador/a)
Luís Cochón (Autor/a de parte)
X. L. Méndez Ferrín (Autor/a de parte)
Carlos García Martínez (Autor/a de parte)
Alvaro Cunqueiro (Autor/a de parte)
José Antonio Durán (Autor/a de parte)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (Autor/a de parte)
Luís Veiga do Campo (Autor/a de parte)
Xurxo Martínez González (Autor/a de parte)
Justo Beramendi (Autor/a de parte)
Xosé González Martínez (Autor/a de parte)
Xosé Ramón Pena (Autor/a de parte)
Antón Costa Rico (Autor/a de parte)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Autor/a de parte)
Xosé L. Axeitos (Autor/a de parte)
Pepe Barro (Autor/a de parte)
Isidoro Millán González-Pardo (Autor/a de parte)
Arturo Casas (Autor/a de parte)
Clodio González Pérez (Autor/a de parte)
Luís Alonso Girgado (Autor/a de parte)
Emilio Xosé Ínsua (Autor/a de parte)
Manuel Forcadela (Autor/a de parte)
Francisco Fernández Rei (Autor/a de parte)
Antón Santamarina (Autor/a de parte)
Miro Villar (Autor/a de parte)
Armando Requeixo (Autor/a de parte)
Darío Xohán Cabana (Autor/a de parte)
Rafael Dieste (Autor/a de parte)
Xosé Filgueira Valverde (Autor/a de parte)

 

Peso 0.999 kg
Año edición

216

Autor

VV.AA.

Editorial

Xerais

Idioma

Galego

ISBN

978-84-9121-090-0

Nº de páginas

360