Aquela Celanova

17,90

 AQUELA CELANOVA é máis ca un libro (este libro), é máis ca un proxecto, unha idea ou sentimento. É todo iso e moito máis.
De feito nace na lúcida mente de Pío Álvarez para se facer realidade en Facebook.

Hay existencias

Categorías , Tag:

Foi unha idea xenial a de crear ese meeting point para todos os celanoveses na aldea global que é a web, onde poder compartir, grazas ás novas tecnoloxías, tantas e tantas fotos como levamos amoreando ao longo da nosa vida, como herdamos dos nosos antepasados ou nós mesmos fabricamos.

Ao pouco chegará Luís Esperanza Piarrá cun fol de fotos vellas, preciosas, que nos arrebatan a memoria e nos remontan á época dos nosos pais e avós, para descargalas na páxina do Pío e abrir a espita do que hoxe xa é unha fervenza imparable de documentos gráficos, un cachón irrefreable que dende aquel intre comeza a asolagar este mundo virtual.

De contado chegará Aser Álvarez, ese espírito sempre aceso e inquedo, que ao se decatar do enorme potencial de AQUELA CELANOVA propón a realización deste libro. A el uniranse Xosé Benito Reza e Baldo Ramos, que engalanan coa súa fermosa prosa e poesía este magnífico documento gráfico.

Peso 0.1 kg