Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

APROPIACIÓN INDEBIDA: UNHA NOVELA SOBRE O AMOR.

€15,00
ISBN 9788494880599
Unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra.

Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubracións da protagonista, a autora levará os lectores da man por un mundo de postulados filosóficos, ideolóxicos e artísticos cuxo contrapunto parece ser a ingobernabilidade dos sentimentos humanos, así como a banalidade inherente a toda existencia. Dáse pois unha rara conxunción entre elementos divagativos e cuestións da vida cotiá. Por veces, os dous personaxes que enfían a novela parecen funcionar como meras premisas para un sisudo estudo de caso; noutras ocasións, a empatía ou a identificación con eles pode resultar mesmo conmovedora. De calquera maneira, o que semella innegable é que se trata dunha novela con multitude de capas, feito que posibilita as lecturas máis diversas sobre temas universais como o amor, a angustia, a soidade, a dependencia ou o egoísmo. Lena Andersson, nada o 18 de abril de 1970 en Estocolmo, é unha escritora e xornalista sueca. Gañou en 2013 o premio August pola súa novela, (Apropiación indebida. Una novela sobre o amor). Egenmäktigt förfarande – en roman om kärlek Ese mesmo ano, e coa mesma obra, foi distinguida co premio literario que entrega o diario Svenska Dagbladet.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego