Apropiación indebida: unha novela sobre o amor.

15,00

Unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra.

Hay existencias

Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubracións da protagonista, a autora levará os lectores da man por un mundo de postulados filosóficos, ideolóxicos e artísticos cuxo contrapunto parece ser a ingobernabilidade dos sentimentos humanos, así como a banalidade inherente a toda existencia.

Dáse pois unha rara conxunción entre elementos divagativos e cuestións da vida cotiá. Por veces, os dous personaxes que enfían a novela parecen funcionar como meras premisas para un sisudo estudo de caso; noutras ocasións, a empatía ou a identificación con eles pode resultar mesmo conmovedora. De calquera maneira, o que semella innegable é que se trata dunha novela con multitude de capas, feito que posibilita as lecturas máis diversas sobre temas universais como o amor, a angustia, a soidade, a dependencia ou o egoísmo.

Lena Andersson, nada o 18 de abril de 1970 en Estocolmo, é unha escritora e xornalista sueca.

Gañou en 2013 o premio August pola súa novela, (Apropiación indebida. Una novela sobre o amor). Egenmäktigt förfarande – en roman om kärlek Ese mesmo ano, e coa mesma obra, foi distinguida co premio literario que entrega o diario Svenska Dagbladet.

Peso 0.100 kg
Autor

Lena Andersson

Idioma

Galego

Nº de páginas

192

ISBN

978-84-948805-9-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Hugin e Munin

Prazo de entrega