Antón e os inocentes

17,00

Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir.

Hay existencias

Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado. O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.

Rescatan a novela do proletariado que Ferrín escribiu no cárcere,  43 anos despois da súa aparición

Trinta anos despois da súa última impresión regresa ás librarías Antón e os inocentes, novela que foi concibida hai case cincuenta anos polo escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) durante a súa estancia no cárcere de El Dueso. Precisamente, ao aciago penal cántabro levouno -tras ser considerada pola policía como propaganda subversiva- unha copia de Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, título que segue inédito e que debía inaugurar unha triloxía que se completaría con Antón e os inocentes e a moi posterior No ventre do silencio(1999). Xerais rescata agora unha obra que centra a súa mirada no proletariado galego e que topou acubillo en 1976 en Xistral, a editora monfortina de Manuel María vinculada á súa libraría. Pouco eco social e resposta lectora obtivo entón Antón…, como lle ocorreu despois cando Sotelo Blanco a recuperou para a súa colección Medusa. «Se cadra peor ca unha manchea de paus foi a falta de crítica», lamenta no prólogo á reedición de Xerais Antón Blanco Casás, que considera que esta peza debe ser tida «coma un elo importante» nas letras galegas.

Dalgunha maneira, entende Blanco Casás, nesta novela o proletariado galego dá un salto cualitativo: pasa de ser na literatura galega un recurso case costumista a erguerse como «suxeito político e literario central», en quen ademais recae a responsabilidade histórica de avanzar cara a un mundo mellor.

No decorrer das vidas de Narda e Berto, no Vigo da longa posguerra, «Antón e os inocentes -defende Xerais- segue a nos interpelar na contemporaneidade grazas a unha escrita hábil e desbordante que enche as que, segundo Ferrín, son as súas páxinas máis exactas, duras e esixentes».

LA VOZ Cultura 01/07/2019
X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938)
É unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalba, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano, o Premio da Crítica Española, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega.É autor dunha obra compacta, unitaria, que abala entre a realidade e a fantasía, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007), Arraianos (1991), ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, logo de Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesía daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron títulos como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988.
Peso 0.500 kg
Autor

Xosé Luis Méndez Ferrín

Idioma

Galego

Nº de páginas

176

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-507-3

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega