Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O AMANTE DE GRAZA MARÍA

€14,00
ISBN  9788484431470
O único acto sublime na vida de Eliseo Catroventos é a relación que o une a Graza María. A parella cítase nunha sorte de amor programado onde os amantes substitúen a paixón pola complicidade e gozan deste pequeno tesouro íntimo formado polos xoves; por todos os xoves dunha vida, procurando encontrarlle sentido a tanto tempo gastado.

Son dúas existencias paralelas, constantes, incansables, incapaces de tocarse e, non obstante, con destinos diverxentes. Claro que ás veces abonda un momento, apenas un sopro de tempo abarcado na folgada inmensidade dun segundo, para cambiar unha existencia condenada ao fracaso e abrir camiños insospeitados que conducen á felicidade.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego