Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AMADA LIBERDADE

€20,00
ISBN 9788499143385
A través das vivencias persoais deste intelectual galeguista, Amada liberdade ábrenos a porta, dende unha postura singular e non exenta de polémica, a unha reflexión filosófica, cultural e política da situación en Galicia durante a última metade do século XX.

En Amada liberdade recóllense as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Este texto vai seguido de «A vida xuntos», onde Teresa Barro, esposa e compañeira de Fernando, dá conta da súa relación dende que se coñeceron en 1955. Cunha prosa áxil e profunda, o autor desenrola o nobelo da súa vida partindo dos anos da infancia en Ferrol e Viveiro para enlazar coas experiencias en Santiago de Compostela, onde estuda Dereito e establece relacións persoais determinantes para o seu futuro: López Nogueira, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Xosé Manuel Beiras..., que propiciarían o seu contacto co galeguismo. Descobre tamén en Compostela o pensamento xurídico de Álvaro d'Ors e realiza de forma apaixonada labores de tradutor e director de obras dramáticas de autores europeos. Tras uns anos entre Madrid e A Coruña, trasládase a Londres como redactor e locutor da BBC. Dende esta cidade, Pérez-Barreiro, que amosa unha fonda preocupación pola evolución do nacionalismo galego, segue en contacto, xunto con Teresa Barro, cos proxectos galeguistas, sobre todo por medio de colaboracións na revista Grial, da tradución ao galego de clásicos universais e pola súa relación con Ramón Piñeiro ou Beiras, o que non lle quita tempo para estudar en profundidade a cultura oriental, e licenciarse en Lingua e literatura chinesas.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego