Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ALMANAQUE GALLEGO

€15,00
ISBN WP5830
A publicación anual do almanaque, que durou case trinta anos, converteu a obra nunha referencia imprescindible tanto na Galicia europea como na americana, pois foron varias as iniciativas que xurdiron de publicacións análogas, guiadas polo exemplo deste almanaque riopratense. EDICIÓN DIXITAL

Máis dun século despois, o Consello da Cultura Galega recupera aquela publicación e inicia unha edición facsimilar desta, coa intención non só de crecentar o patrimonio cultural da Galicia actual, senón tamén de render unha merecida homenaxe a figuras que, como Castro López, fixeron da súa entrega á cultura galega un patrón de vida. Cómpre ter moita fortaleza de ánimo e pulo intelectual e mesmo empresarial para manter de forma periódica e ininterrompida esta publicación. O obxectivo, con todo, non podía ser máis nobre: era a forma de manter unha relación estable e permanente, por ribada «inmensidade do océano», entre as dúas Galicias daquela existentes: a vella europea e a máis nova, feita na América polas esforzadas lexións de inmigrantes de orixe galaica. Manuel Castro López, lugués trasterrado na Arxentina, xornalista de fuste e de ideoloxía republicana e galeguista, ergueu coa obra deste almanaque un gran monumento á cultura da súa «pequena patria», que era Galicia, desde unha metrópole acolledora e aluvial, que era a cidade de Bos Aires. Almanaque Gallego por Manuel Castro López. Volume I :1898-1902 / [estudo introdutorio de Xosé Ramón Barreiro Fernández; índices de Emilia García López]. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 659 p. : il. ; 24 cm Índices Ed. facs. de Almanaque gallego para... / [Manuel Castro López, director]. — Buenos Aires : [s.n.], 1898-1927 (Imp. El Correo Español). D.L. C 4821-2008. ISBN 978-84-96530-88-1 (Obra completa) ISBN 978-84-96530-89-8 (V. 1) 1. Galegos en América. 2. Almanaques galegos. I. Barreiro Fernández, Xosé Ramón. II. García López, Emilia. III. Castro López, Manuel, 1860-1926.

____

Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Gallego