Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

...ALÉN DO REMUIÑO

€11,00
ISBN WP4059
Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella… mais este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas

Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella… mais este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas. Un novo traslado no traballo do seu pai obrígao a cambiar de escola, e hoxe precisamente é o primeiro día. A experiencia resulta traumática e algúns compañeiros recíbeno con formas pouco amábeis. Malia que Xoel trata de evitar problemas, axiña hase ver inmiscido en asuntos disciplinarios. Entristecido, asume que o seu maxín voador é unha negra maldición. Porén, no momento de cumprir o castigo, desencadearanse uns misteriosos acontecementos que lle farán comprender que nesta vida nada é o que parece, e que hai no mundo cousas invisíbeis que, moitas veces, son máis importantes que aquelas que se ven. Despois de rematar a súa triloxía de fantasía épica Os abismos da noite eternaRoberto A. Rodrigues entra de cheo na LIX da man de Urco Editora con Alén do remuíño, publicado na liña xuvenil da devandita editorial. Nacín en 1977 nos arrabaldes de Vigo. De pai galego e nai portuguesa, descendo por tanto dos Grovios que habitaron derredor do Miño naquel tempo no que aínda os romanos non viñeran escangallalo todo. Así gusto de me presentar, porque son home soñador e de raíz profunda, e tamén para agochar un pouco a miña vida privada porque, a parte de soñador son un ser tremendamente tímido e introvertido. En canto á miña vida profesional podo dicir que me licenciei en Dereito e que, como Castelao, fíxeno por amor ao meu pai, pero que nunca exercín. Dediqueime logo un tempo a ir de aquí para acolá, e agora levo xa uns anos establecido en Tenerife onde traballo no sector do Turismo. Como escritor, son un tanto caótico. Non teño unha parcela fixa onde traballar senón que me dedico a escribir o que se me pasa pola cabeza. Até o de agora publiquei unha triloxía, un libro para público infantil e uns cantos relatos na revista Contos Estraños. Pero, ademáis, teño na gabeta un par de novelas, un poemario e unha obra de teatro agardando a que me decida a envialas a algures a probar sorte. Fun gañador do premio Manuel Murguía co relato “O Home que fala na lingua do océano”. Un relato que considero fermoso e que, por tanto, dáme unha mágoa inmensa que permaneza collendo po nos andeis dunha biblioteca en lugar de chegar a un público máis amplo. En canto aos proxectos futuros, non teño. Ando a velas vir, como considero que, a día de hoxe, anda a meirande parte da humanidade Entrevista en : Lermos.gal  

____