Alén do azul

22,00

Mergullarse na ría de Vigo é visitar un mundo próximo baixo outra luz no que habitan flores que son vermes, expertos da camuflaxe ou alfombras verdes de pradarías.

 

Hay existencias

Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo é unha viaxe para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de espectaculares fotografías, ilustracións ao detalle e mesmo vídeos ligados con códigos QR.

Descrición

Sara Carrasco e Silvia Iglesias enfían un relato de descubrimento a través desta guía visual e ilustrada na que coñeceremos ao detalle que pasa baixo o mar, con apuntamentos sobre o noso impacto neste medio e recomendacións para un mergullo responsable.

Sara Carrasco Gónzález (1986) é fisioterapeuta de formación, mais decidiu acabar mergullándose na ilustración naturalista e no mundo submarino, o cal retrata nesta obra mediante acuarela e lapis.

A súa formación sobre o mar parte de distintos ámbitos, desde os cursos «Ecosistemas mariños: diversidade e ameazas dos ecosistemas bentónicos» (Aula Cram), «Bioloxía mariña xeral» (ZOEA Campus) e «Ilustra peces» (Illustraciencia), até as sesións semanais de aprendizaxe e perfeccionamento de técnicas de pintura (Taller Zoográfico). Dispón do certificado de mergullo Advanced Open Water Diver (PADI).

Silvia Iglesias Prado (1979) é psicóloga orientada ao eido da educación. En 2018, decidiu formarse en bioloxía mariña e na conservación e educación ambiental, eidos próximos á súa gran paixón: o mar. Aproveita as máis de 300 inmersións que leva feitas na ría de Vigo para realizar filmacións e fotografías que recollen en detalle as curiosidades e a beleza do mundo submarino.

Formada como educadora e intérprete mariña (Instituto Erudite), dispón do título de técnica de educación ambiental (Instituto Erudite) e realizou diferentes cursos de especialización, como «Curso de biodiversidade e conservación mariña» (Aula Foz), «Ecosistemas mariños: diversidade e ameazas dos ecosistemas bentónicos» (Aula Cram), «Bioloxía mariña xeral» (ZOEA Campus), «Tiburóns e raias» (ZOEA Campus) e «Arrecifes de coral» (ZOEA Campus). Tamén conta co certificado Advanced Open Water Diver (PADI).

 

Peso 0.100 kg
Autor

VV.AA

Idioma

Galego

ISBN

978-84-949154-2-0

Año edición

2020

Editorial

Catro Ventos

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI