Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ALDEA VIVA

€15,10
ISBN 9788494810220
Estamos ante un canto universal da natureza no que escoitamos a montaña poderosa e inquietante, os vales e cavorcos, os camoños e carreiros, as fontiñas, prados, rios e pontellas, as corredoiras a aceñas.

Un canto que xorde da herba e do terrón e se eleva como fume aromático na gravidade intemporal da serra. Convocados baixo o feitizo das palabras de Vicente Reboleiro, cantan os carros, roulan os muiños, acordan os galos na alborada, berran os años na alta noite Vicente Reboleiro González, nado en Ferramulín (Folgoso do Courel) en 1957, Estudou Maxisterio na Coruña e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños. Actualmente traballa como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Eduardo Blanco Amor. Publicou en colaboración con Xoán Carlos Alvarellos Codesido Aires de festa, caderno didáctico sobre as festas tradicionais galegas. Poesía Prenderei a lareira, 2010, Baía. Aldea viva, 2016, Medulia Editorial. Obras colectivas Aires de festa, con Xoán Carlos Alvarellos Codesido, 1993, Baía. Xunguidos á terra, con fotografías de Xan G. Muras, 2011, Tribaldes.
 
 


____

Editorial: Medulia
Idioma: Castellano