Aldea Viva

15,10

Estamos ante un canto universal da natureza no que escoitamos a montaña poderosa e inquietante, os vales e cavorcos, os camoños e carreiros, as fontiñas, prados, rios e pontellas, as corredoiras a aceñas.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Un canto que xorde da herba e do terrón e se eleva como fume aromático na gravidade intemporal da serra.

Convocados baixo o feitizo das palabras de Vicente Reboleiro, cantan os carros, roulan os muiños, acordan os galos na alborada, berran os años na alta noite

Vicente Reboleiro González, nado en Ferramulín (Folgoso do Courel) en 1957,

Estudou Maxisterio na Coruña e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños. Actualmente traballa como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Eduardo Blanco Amor.

Publicou en colaboración con Xoán Carlos Alvarellos Codesido Aires de festa, caderno didáctico sobre as festas tradicionais galegas.

Poesía

Prenderei a lareira, 2010, Baía.

Aldea viva, 2016, Medulia Editorial.

Obras colectivas

Aires de festa, con Xoán Carlos Alvarellos Codesido, 1993, Baía.

Xunguidos á terra, con fotografías de Xan G. Muras, 2011, Tribaldes.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Vicente Reboleiro

Idioma

Castellano

Nº de páginas

126

ISBN

978-84-948102-2-0

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2018

Editorial

Medulia

Prazo de entrega