Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ALBA DE GLORIA

por Castelao
€12,50
ISBN 9788491512424

O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.

“A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cativou os asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba da Groria”.

------

O día 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu derradeiro gran discurso público. Os fados quixeron que fose en data tan propicia á emotividade, diante dunha enfeitizada audiencia de emigrados e exiliados galegos en Buenos Aires que enchía o Teatro Argentino, no festival organizado polo Centro Gallego para celebrar o Día de Galicia. Esa “Alocución Patriótica”, como recolleu A Nosa Terra mesmo a seguir e que axiña sería referida co acaído título de “Alba de gloria”, converteuse en algo máis ca un discurso: considerada por amplo consenso peza cimeira da oratoria galega, engade un altísimo valor simbólico por culminar unha actividade pública en que Castelao se distinguiu especialmente, cunha capacidade de convocatoria e de empatía sen parangón, mais tamén porque o pensamento que transmite está na cerna do relato identitario da Galicia contemporánea.
Asumida a derrota, abandonadas as expectativas dun rápido retorno á normalidade democrática e sabedor da súa delicada saúde, Castelao comeza a ser consciente de que nunca volverá á Terra, mais rexeita a prostración dos vencidos: na alborada dese día de festa, con todas as campás de Galicia en leda algarabía, sobrevoa a patria evocando as paisaxes amadas pola concorrencia e proclama unha vez máis a confianza na capacidade do pobo galego para rexurdir. “Alba de gloria” é por iso, sobre todo, unha mensaxe de esperanza no futuro.
Con esta nova edición de “Alba de gloria” o Consello da Cultura Galega conmemora o 70 aniversario daquel discurso memorable. A edición coincide no tempo coa exposición Alba de gloria. Unha experiencia, que foi inaugurada este mesmo ano, poñéndolle o ramo a toda unha serie de actos programados durante o trienio 2016-2018 para celebrar o centenario das Irmandades da Fala e a súa repercusión na historia da cultura e o pensamento galegos, pois o xenio de Castelao continúa e dá novo impulso ao proceso de constitución dunha simboloxía de noso e de consolidación do imaxinario nacional iniciado por aqueles precursores.... 

Algo máis que un discurso
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega


____

Editorial: Consello da Cultura Galega|Galaxia 2018
Idioma: Galego