Agosto

12,00

Agosto explora o lugar da perda. O poema sostense precisamente no salto entre a memoria e a actualización da esgazadura. Non hai lugar para a trampa nin para o artificio literario. Unha escrita desprovista de todo o superfluo que se inscribe na contención. Agosto abre unha fenda no espazo.

 

 

Hay existencias

Difícil resulta saír indemne, ou cando menos indiferente, tras a lectura desta memorable plaquette que edita Apiario baixo o título de Agosto.  Míriam Ferradáns, voz que admirabamos desde o seu Noites de fume, practica un exercicio de esencialización, de estilización poética tamén, para ofrecer un testemuño de perda e ausencia que xira arredor do baleiro inesperado pero posible.

Agosto constrúe, ou reconstrúe, unha historia de claro signo narrativo que se manexa con solvencia, teño para min que con brillantez, con algúns símbolos -os tulipáns, a terra, os corpos…- que aos poucos van cobrando doloroso sentido, coma se nacesen desde unha atalaia que é a da contención, desde o propio silencio. É así como os poemas posibilitan que percorramos camiños empedrados con laxes de contida emoción, con imaxes que golpean e prenden.

Agosto demanda unha lectura inicial en que a complicidade enraíza palabra a palabra; a segunda é posible que suxira detalles e dimensións antes inadvertidas e nunha terceira aflora a intensidade que encerra e que, particularmente, me conduce a valorala como unha proposta con indiscutible vocación de permanencia, desas que cimbran e resultan duradeiras na memoria.

Ramón Nicolás

—–

Miriam Ferradáns Ferradás, nada en Bon (Beluso, Bueu) o 16 de xaneiro de 1982, é unha poeta galega.

É graduada social pola Universidade de Vigo.Foi concelleira polo BNG en Bueu (2008-2011), período no que este grupo político era maioritario e durante o cal xestionou a área de promoción económica do Concello. No 2011 deixou a política de xeito activo.

Colabora mensualmente no xornal Sermos Galiza desde xaneiro do 2018.

OBRAS

  • Nomes de fume (2017). Espiral Maior. 49 páxs.
  • Noms de fum (2019). Edición bilingüe galego-catalán, tradución de Dolors Miquel, por Godall Edicións.
  • Deshabitar unha casa (2017). Concello de Outes. Edición non venal. 37 páxs.
  • Agosto (2019) Apiario.
  • PREMIOS:
    • 2012: 3º premio do certame Xuventude Crea co poema «Novecomaoito».
    • 2013: Premio Rosalía de Castro de Cornellà con «Decibel»
    • 2014: Premio Rosalía de Castro de Cornellà con «Ruído».
    • 2016: Premio Francisco Añón coa plaquette Deshabitar unha casa.
    • 2016: Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Dos nomes do fume.
    • 2016: 2º premio no Certame Rosalía de Castro de Cornellá
    • 2016: Gañadora do Certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo por «Do tacto».
    • 2016: Premio do Concello de Ames.
Peso 0.100 kg
Autor

Mírian Ferradáns

Idioma

Galego

Nº de páginas

24

Año edición

2019

Editorial

Apiario

Prazo de entrega