Abecedario de Bernardino Graña

15,00

Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o escritor.

Hay existencias

Abecedario de Bernardino Graña é, basicamente, un vocabulario literario do autor. Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o escritor. A lectura deste manual non se rexe conforme a pautas cronolóxicas ou temáticas, senón por algunhas acepcións ordenadas alfabeticamente que o lector ou lectora ha de procurar a eito e aleatoriamente entre aqueles conceptos que considere oportuno, seguindo a curiosidade ou o azar ao ritmo marcado polas propias palabras recompiladas.
Os trazos máis salientábeis deste persoeiro aparecen reflectidos nas máis de cincuenta voces recollidas neste volume.

Rafael Fernández Lorenzo naceu en Cangas de Morrazo en 1962. Colaborador habitual con artigos de creación e crítica literaria en medios como o Faro da Cultura (Faro de Vigo)A Nosa TerraVieiros ou Fadamorgana.
Estudou Educación Social. Libros publicados: Abecedario de Ricardo Carvalho Calero, Son media ducia e parecen cen (Ir Indo, 1991), O ladrón de voces (Kalandraka, 1998), As flores do meu amigo (Xerais, 2000), As carriolas do mencer (Ir Indo, 2013).

Peso 0.100 kg
Autor

Fernández Lorenzo, Rafael

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-15166-81-8

Nº de páginas

126

Año edición

2020

Editorial

Morgante

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI