Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A VOZ DO VENTO

€20,00
ISBN WP1268
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño...

A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.

____