Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A VIDA SECRETA DAS VACAS

€18,00
ISBN 9788417388409
Na granxa de Kite’s Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas.

Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte da granxa familiar durante corenta anos. Con humor e sabedoría, a autora desvela un mundo secreto dunha especie tan próxima coma descoñecida. TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA Rosamund Young (Gloucestershire, 1953) encárgase da granxa de Kite’s Nest, nos escarpados territorios de Costwold, xunto co seu irmán Richard e a súa parella Gareth. Alí os animais reciben unha consideración e amabilidade excepcionais, no estado máis natural posible.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego