Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A VIDA FÓRA

€12,50
ISBN 9788498653700
Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores apaixonados polas historias intensas.

Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel Sande realiza unha procura no que queda dos sentimentos e na consciencia esvaecida do tempo. A través da palabra núa e sincera, da esgazada expresión da verdade dunha voz, a protagonista leva a literatura ao territorio inexplorado onde as emocións tecen e destecen o que queda dunha existencia. Este relato conmovedor, concibido cun sorriso de complicidade, conta a historia da anciá María, prostrada nunha cadeira de rodas, que pasa as tardes recluída nun cuarto da súa casa vendo como, hora a hora, discorren os días. Mira pola ventá e, de cando en vez, lembra fragmentariamente episodios da súa vida. Ata que un edificio en construción lle quita o único que lle quedaba: a posibilidade da contemplación. Para ela, a vida toda permanece detrás deses novos muros que a cercan, polo que non lle queda máis remedio que imaxinala.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego