Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A TERRA PATERNA

€6,00
ISBN WP3811
A finalidade destes textos era promover a vida campesiña e a agricultura no medio da crecente industrialización. Tanto o estamento clerical coma o Estado alentaban este tipo de literatura coa esperanza de frear o éxodo rural dos canadenses franceses a Montreal para traballar nas fábricas téxtiles da Nouvelle-Angleterre.

A primeira edición de A terra paterna apareceu no Album littéraire et musical de la Revue canadienne en febreiro de 1846, e en 1848 no Répertoire national de James Huston, unha antoloxía da literatura canadense da época. Posteriormente coñeceu máis de once edicións. Con este relato Lacombe funda o xénero literario da novela rexionalista, centrada na vida do rural canadense, que dominou a literatura en lingua francesa no Bas-Canada (o Quebec anterior á confederación de 1867) de 1846 a 1945, cando foi substituído polas novelas urbanas.A finalidade destes textos era promover a vida campesiña e a agricultura no medio da crecente industrialización. Tanto o estamento clerical coma o Estado alentaban este tipo de literatura coa esperanza de frear o éxodo rural dos canadenses franceses a Montreal para traballar nas fábricas téxtiles da Nouvelle-Angleterre. As novelas rexionais adoitan propor catro grandes valores: a terra (agricultura), a familia, a lingua e a relixión; e caracterízanse pola idealización. Este tipo de narración céntrase na continuidade, as tradicións e a transmisión de valores.

____