A semente, a árbore, a froita

17,00

Ana Pontón en conversa con María Reimóndez.

Hay existencias

É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do «efecto Pontón». En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, «pode que por momentos incómoda», que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal. Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida. Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón?»A semente, a árbore, a froita» non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.

Peso 0.200 kg
Autor

María Reimóndez

Idioma

Galego

Nº de páginas

120

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-690-2

Año edición

2020

Editorial

Xerais

Prazo de entrega