A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia

30,00

O réxime democrático xurdido tras as eleccións do 12 de abril de 1931 sigue sendo un mundo alleo, misterioso e hermético. A Segunda República é unha grande descoñecida para a inmensa maioría da sociedade galega.

Hay existencias

O réxime democrático xurdido tras as eleccións do 12 de abril de 1931 sigue sendo un mundo alleo, misterioso e hermético. A Segunda República é unha grande descoñecida para a inmensa maioría da sociedade galega. Neste traballo preténdese un primeiro achegamento ao significado daquel réxime dende a análise histórica actual, a partir de investigacións concretas sobre temáticas que foron e seguen sendo obxecto de controversia no ámbito historiográfico da Segunda República. Aspectos cruciais na interpretación daqueles anos entre 1931 e 1936 foron a proclamación do réxime, o sistema de partidos, o poder local, as eleccións, as relacións da República coa Igrexa, os feitos revolucionarios de outubro de 1934 ou os meses de goberno da Frente Popular.

A novas realidades do presente, xurden novos temas que non foran actualizados a finais dos setenta e principios dos oitenta do século xx. Os avances historiográficos dos últimos anos precisan ser explicados. A obra ten a intención de divulgar o coñecemento sobre eses cinco anos que cambiaron o rumbo do século xx galego.

Peso 0.99 kg