A SALGA NO SON

25,00

A Salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedra relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa,Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns. A partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello de Porto do Son na procura de recuperar a memoria e e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido. Aquí van a atopar información detallada sobre as 45 fábricas de sardiña que existiron na costa sonense. Delas destacan as 27 que houbo na vila do Son e as 12 que ergueron os autodenominados «fomentadores» cataláns en Portosín. A concentración de familias desta procedencia, e o poderío económico dalgunhas delas, fixeron do Concello de Porto do Son unha referencia na pesca, salgado e comercialización da sardiña en Galicia durante unha boa parte do século XIX.

Hay existencias

Peso 0.500 kg
Autor

Santiago Llovo Taboada

Idioma

Galego

Nº de páginas

202

ISBN

9788412248005

Año edición

2020

Editorial

Aldavira

Prazo de entrega