Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A REVOLUCIÓN VERTICAL

€15,00
ISBN 9788491513070
Ou por que os seres humanos camiñan ergueitos.

é unha fábula de estilo clásico escrita en Kikuyu e traducida a máis de oitenta idiomas en todo mundo. Unha homenaxe á tradición da literatura oral e dese másico momento compartido que supón ler aos outros. O conto narra a formación do corpo humano como unha discusión entre as súas partes. Brazos e pernas quererán demostrar que son os máis importantes nunha competición que terá como testemuñas o resto de animais, que os tomarán por tolos, e as outras partes do corpo quererán dicir o que opinan. Como acabará todo? Un marabilloso conto de Ngũgĩ wa Thiong’o ilustrado por Agustín Comotto. “A vida está conectada. Estamos todos conectados, dependemos os uns dos outros.” Palabras de Ngũgĩ  sobre o conto na entrevista en Los Angeles Review of Books. “O relato lémbranos que todos somos un, e que na nosa unidade temos o poder de transformar o futuro que esperamos para nós mesmos.” The Guardian

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego