Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A PRESENZA DO APÓSTOLO SANTIAGO EN COMPOSTELA

€15,00
ISBN 9788412173161
Por primeira vez, tras un estudo preliminar, reúnense integramente, nunha  mesma obra, os argumentos do abade francés Duchesne e do cóengo santiagués López Ferreiro sobre a presenza do apóstolo Santiago o Maior en Compostela. Os seus traballos editáronse respectivamente en francés no 1900 na Tolosa de Francia (Saint Jacques en Galice) e en castelán no 1901-1902 en Santiago de Compostela("Santiago y la crítica moderna").    

No caso de López Ferreiro, publicouse por partes nos catro primeiros números da revista bimestral Galicia histórica. En definitiva, a tradución completa destes dous traballos en lingua galega, nunha soa obra, con tódolos argumentos histórico-críticos do abade Duchesne, profesor de historia da Igrexa, e do cóengo López Ferreiro, destacábel historiador de Galiza con respecto á presenza do Apóstolo en Compostela, é, sen dúbida, de extraordinaria importancia para a nosa historiografía e agardada con degoiro, dende hai 120 anos, por eruditos, historiadores, e curiosos do noso pasado...

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego