Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A PERLA

€10,30
ISBN 9788498654172
  Conta a historia de Kino, un indio do golfo de México que atopa unha perla dun valor incalculable coa que espera poder mellorar a vida da súa familia. A pesar das ilusións que o achado suscita, Kino descubrirá que a nova riqueza só o leva ó encontro da corrupción do mundo civilizado. Un clásico que mestura o lirismo característico de Steinbeck coa solidariedade polos desfavorecidos pola fortuna. Son lexión os lectores e lectoras do mundo enteiro que recoñecen unha débeda fundamental con John Steinbeck por obras inmorrentes, en boa medida popularizadas dun xeito global polo cinema, como 'As uvas da ira' ou 'Ao leste do Edén', esta última protagonizada polo inesquecible James Dean.

A perla é unha novela en lingua inglesa de John Steinbeck, publicada en 1947 por The Viking Press co título de The Pearl. Foi traducida ao galego por Benigno Fernández Salgado, e publicado en 1990 pola Editorial Galaxia con ilustracións de Teresa Cámara. Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato. Steinbeck, John John Steinbeck naceu en Salinas, California, en febreiro do ano 1902 e morreu en Nova York en decembro de 1968. Fixo estudos na universidade de Stanford, pero desde moi novo se viu obrigado a gañar o sustento co seu propio esforzo, o que lle deu unha grande experiencia e un fondo coñecemento da vida dos traballadores. En 1935 obtivo o seu primeiro éxito como escritor coa publicación da novela Tortilla Flat. Dous anos despois, Of mice and men, que analizaba as duras condicións dos xornaleiros das granxas de California, convertiuno nunha figura popular. A aparición de The grapes of wrath (1939) e East of Eden (1952) consagrárono definitivamente como un grande novelista. No ano 1962 foille otorgado o Premio Nobel de Literatura.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego