Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A PEQUENA COMPAÑA

€15,00
ISBN 9788417824044
Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños.

Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Serán quen de conseguilo? Esta divertida e máxica peza de Carlos Labraña resultou gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro Infantil convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas.      

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego