A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa

16,00

A lectura e a interpretación do pasado literario galego-portugués amosa dende perspectivas complementarias a apoloxía do réxime cristián-feudal tanto na súa vertente relixiosa como laica.

XI Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal (2011)

Hay existencias

A lectura e a interpretación do pasado literario galego-portugués amosa dende perspectivas complementarias a apoloxía do réxime cristián-feudal tanto na súa vertente relixiosa como laica. Os elementos perturbadores da orde ideal da sociedade feudal peninsular e aqueles outros que rompían cos preceptos do Cristianismo van ser reconducidos sexa a través da sátira ou do exemplum (en función do xénero literario tratado) á norma que debía guiar a todo nobre que se prezase da súa condición social, a todo aquel que debía exhibir a súa honra nas diversas facetas da vida. Esta literatura é un eloxio, laico e relixioso, dos valores cristiáns e feudais da Idade Media. As cantigas reconducen os comportamentos que perturban a orde social, concretamente aquelas actuacións e situacións que rompen o ideario de excelencia social e moral que se lle supoñía á nobreza e aos cargos eclesiásticos.

Peso 0.2 kg