Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A MÚSICA DA TERRA.

Precio original €33,70
Precio actual €19,95
ISBN 9788482886510
Alquimista da luz. A finais do ano 2003 Editorial Galaxia pon nas librerías un auténtico agasallo para os ollos: A música da terra. Un libro que recolle parte do traballo fotográfico de Xosé Gago, un dos mestres actuais nas técnicas antigas da fotografía.

A natureza e os vellos oficios, o románico como expresión do traballo coa pedra, os curros de cabalos bravos, e como colofón, a solidariedade co mar como consecuencia da catástrofe do Prestige, son os temas que a ollada do fotógrafo e uns artesanais métodos de positivado transforman para nos entregar un marabilloso caleidoscopio de imaxes. A revelación dese son interno que garda a terra. Gago é un dos fotógrafos con maior mestría no positivado e no traballo de laboratorio. Emprega procesos fotográficos xa históricos como a oleotipio, a goma bicromada ou o carbón directo, que se deixou utilizar a partir do ano 1950, para acadr un matiz na cor e unhas texturas absolutamente orixinais que dan a foto a calidade próxima do artesanal, do feito a man. As técnicas de laboratorio, coma o rerevelado, son outra das recuperacións deste tipo de traballos aos que lles engade unha beleza plástica inusual.

____

Editorial: Galaxia 12-2003

Idioma:Galego