A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES

24,95

O patrimonio industrial comeza a valorarse nos anos centrais do século XX en Gran Bretaña coa arela de parar a destrución dos restos máis significativos da Primeira Revolución Industrial. A concienciación social sobre a relevancia das ruínas e dos monumentos industriais para a reconstrución do pasado vaise estendendo paseniño a outros países europeos. A día de hoxe, en Galicia aínda non se dispón de ningún catálogo nin inventario e só moi recentemente vén de incluírse legalmente o patrimonio industrial como unha categoría singularizada do patrimonio cultural.

Neste libro trátase o patrimonio industrial galego dos curtumes desde catro perspectivas diferenciadas, aínda que complementarias: as paisaxes industriais, a memoria do traballo, os bens técnicos de produción e o patrimonio arquitectónico. Unhas e outros testemuñan que a actividade de transformación de peles en coiros deixou un patrimonio industrial extenso e singular, que merece ser incluído no acervo do patrimonio cultural de Galicia, do mesmo xeito que as catedrais, os castelos ou os pazos. Ademais, achégase unha escolma dos curtidoiros máis sobranceiros, símbolos da industria galega dos curtumes, e un glosario no que se definen os principais termos empregados no sector.

 

 

 

Hay existencias

Peso 0.100 kg
Autor

Xabier Pérez Davila

Idioma

Galego

Nº de páginas

536

ISBN

978-84-8487-491-1

Año edición

2020

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega