A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos

23,00

A irmandade foi, desde os seus comezos, un dos atributos sobranceiros do galeguismo.

Hay existencias

Da cultura galega entendida como arela e esperanza que une a decisión libre de cadaquén. Despois da súa opera magna dedicada ao idioma —o Diccionario galego-castelán— e logo da súa achega á memoria co relato dun período crucial para a recuperación cultural de Galicia no seu Os anos escuros, Xosé Luís Franco Grande dedica este libro á amizade. Unha homenaxe que, no ronsel do Libro dos amigos oteriano, une carácter individual e destino común co vencello no que se fundamenta a filiación libre, o da flexible e firme aperta da ilusión compartida. Corenta e nove retratos de persoeiros que, sen querelo, tamén van trazando, coma nunha inesperada silueta a contraluz, a personalidade e a vida de quen escribe.

Peso 0.100 kg
Autor

Xosé Luís Franco Grande

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-425-1

Nº de páginas

308

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega