A guerra era contra nós

12,50

VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

Hay existencias

«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Que acontecería se a única linguaxe posible fose a poesía e a única ferramenta válida para narrar a metáfora? Os poemas de Carlos Da Aira falan de nós, da colectividade, da humanidade, convertendo a palabra nunha arma de conciencia, fuxindo do eu, do egocentrismo, e apostando polo amor como forma primeira de loita, rebeldía e violencia.

Carlos Da Aira (Elgoibar, Gipuzkoa, 1972) dirixe en Allariz desde 2014 o festival de poesía Poemagosto, así como o roteiro Ponme un poema. A súa obra recibiu diversos premios, entre os que destacan o Poetry Slam Vigo (2015), Slam Poetry do Festival Alguén que respira (2018), o Premio Cidade de Ourense de Poesía (2018) ou o Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey (2019). Publicou os libros «Corpo a corpo» (2018), «Pólvora. Tipos, recomendacións, consellos e advertencias para un tempo de poesía» (2018), «Prender os fachos, compoñer os ósos» (2019) e «A guerra era contra nós» (Xerais, 2020).

Peso 0.200 kg
Idioma

Galego

Nº de páginas

48

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-662-9

Año edición

2020

Editorial

Xerais

Edad recomendada

A partir de 14 años

Prazo de entrega