A GUERRA DA GALIA

25,00

Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda: neste senso, o seu fin foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galiaconstitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade.

Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés.

Polo que toca á pegada do texto na posteridade, xa desde o Renacemento esta obra foi moi lida e admirada por un gran número de gobernantes e militares europeos, que nela aprenderon nocións de estratexia bélica, e tamén de habelencia política.

Ademais, para moitas xeracións de estudantes de latín de toda Europa, este foi o primeiro texto amplo ó que se enfrontaron, e co que abriron unha porta á súa propia comprensión do funcionamento da lingua de Roma.

Coidamos que todas estas razóns son máis que abondas para que o idioma galego se conte, por fin, entre as moitas linguas que posúen unha tradución de A guerra da Galia.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Julio César

Idioma

Galego

Nº de páginas

370

ISBN

978-84-8487-444-7

Año edición

2019

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega