A fuxida

17,90

Un álbum infantil escrito por Berta Dávila e ilustrado por Inma Doval. Trátase dun relato e dunhas ilustracións axeitados para cativas e cativos a partir dos cinco anos e sen límite de idade, que pretende achegalos sen truculencias nin medos á realidade dun dos máis terribles dramas que agochan todas as guerras, o dos desprazados, e o sufrimento que representa de xeito especial para os menores.

Hay existencias

Biblos publica A fuxida, un álbum infantil escrito por Berta Dávila e ilustrado por Inma Doval. Trátase dun relato e dunhas ilustracións axeitados para cativas e cativos a partir dos cinco anos e sen límite de idade, que pretende achegalos sen truculencias nin medos á realidade dun dos máis terribles dramas que agochan todas as guerras, o dos desprazados, e o sufrimento que representa de xeito especial para os menores.
Coincidindo coa efeméride, que cada ano ten lugar en lembranza do pasamento do líder pacifista Mahatma Gandhi, levarase a cabo tamén a inauguración na Libraría Biblos de Betanzos dunha exposición dos cadros de Inma Doval (cada páxina ten un orixinal de 80 × 80 cm) que se reproducen nas ilustracións de A fuxida.
Di Berta Dávila que A Fuxida é “unha historia sobre a guerra escrita para nenos e nenas que fan preguntas, para os que se interrogan sobre o que acontece. Mais tamén é a historia dunha aventura, a da nena Nadia e a da súa familia, que teñen que fuxir e deixar atrás o seu mundo. E, sobre todo, a dos que nunca se renden, a dos que reconstrúen un lugar onde ser felices de novo porque saben que o importante é estaren xuntos, porque coñecen o segredo da ilusión e son capaces de comezar outra vez”. Así é como foi concibido o texto, e as ilustracións (técnica mixta sobre lenzos de 80 × 80 cm) recrean a atmosfera imaxinada para esta viaxe.
O relato podería estar situado en calquera parte do mundo no que existen nenos e nenas que teñen que marchar. Podería contarse en calquera lugar no que exista un neno ou unha nena que faga preguntas.
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é mestra de escola de formación e autora dos libros de poemas Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007), Dentro (Premio Avelina Valladares, 2008) e Raíz da fenda (Premio Johán Carballeira no 2012), e editado por Xerais 2013. No eido da narrativa escribiu a novela Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de novela, 2008), o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa, 2010), traducido ao castelán e ao xaponés, e a tamén novela O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia, 2013), coa que acadou o Premio de Narrativa Breve Repsol no mesmo ano.
Inma Doval pinta e escribe, nun diálogo entre o papel e o lenzo no que di habitar. Galega. Licenciada en H.ª da arte pola USC. Formouse en gravado no CIEC (Betanzos) e en talleres internacionais. Cofundadora do grupo de gravado Ravar no que participou ata setembro do 2009. Dende o 2009 forma xunto a Xacobe Meléndrez Fassbender o colectivo arTeu, para o desenvolvemento de proxectos de achegamento da arte á sociedade. Últimos proxectos artísticos individuais: O raio verde, Viramundo, 5 lúas para un chacmool e Corpo habitado: auga e aire, expostos respectivamente no Espaço de arte Bobogi (Aveiro, 2012), Galería Sargadelos de Ferrol (2011), Galería Sargadelos de Madrid (2010), Bar Fusión (A Coruña, 2008), Museo do Xacemento Romano de Cambre (A Coruña, 2007). Participou en numerosas exposicións colectivas e intercambios artísticos con outros países.

Peso 0.2 kg