Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A ESPADA MÁXICA

€15,00
ISBN 9788417094683
A espada máxica é un relato por demais fantástico, baseado no mítico e situado na Galicia prerromana cando, segundo varios autores, sufriu unha invasión de xentes

O que pretenda saber como era aquela realidade naqueles tempos, este libro non lle servirá de moito pois está máis achegado ao mítico. A espada máxica é un relato por demais fantástico, baseado no mítico e situado na Galicia prerromana cando, segundo varios autores, sufriu unha invasión de xentes; o que pretenda saber como era aquela realidade naqueles tempos, este libro non lle servirá de moito pois está máis achegado ao mítico que á realidade histórica. Esta invasión deixou na terra bastantes pegadas e sinais que aínda hoxe perduran. Gravados de serpes en rochas, lendas que afectan a lugares senlleiros, e xentes que aínda falan das cobras, así lle chaman en Galicia ás serpes, e lugares onde habitaron mesturadas cos mouros ou seres das profundidades que se uniron aos invasores para dominar o territorio e implantar aquel culto abominable. Contra isto loitou Camal, o protagonista desta historia e isto é o que se narra no libro. Tamén hai lendas nas que aparecen as fadas, lamias, lurpias, xacias, etc, unhas beneficiosas, outras malignas que se representan nas súas diferentes facetas en forma de muller. En fin, é un relato como se di, fantástico, pero entretido e didáctico pois estimula a fantasía do lector ao imaxinar aqueles tempos e aqueles seres que aínda perduran na memoria de moitas xentes ata fai poucos anos e, por outra parte, as paisaxes que Camal foi descobrendo aínda existen hoxe en día e o lector, guiado por Camal, pode con el percorrer os lugares que foi descubrindo.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego