a cazadora de estrelas

A cazadora de estrelas

11,50

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade.

Hay existencias

As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.

Peso 0.100 kg
Autor

María Canosa

Ilustrador

Dani Padrón

Idioma

Galego

Nº de páginas

112

ISBN

9788491211914

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Edad recomendada

a partir de 9 anos

Prazo de entrega

inmediato (24 a 48 horas)