Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A BISNETA LERCHA

€12,00
ISBN 9788482889085
O pracer de contar. Paco Martín publica un novo libro no que quere recuperar o pracer de contar. En A bisneta lercha reelabora tres realatos fundamentais da tradición literaria europea, volve ao conto popular devolvéndolle o seu labor primixenio.

Os contos da tradición popular, que logo sería adapatados para o publico infantil, volven agora aos lectores e lectoras de hoxe para recuperar con eles a curiosidade e a ledicia das primeiras lecturas. Paco Martín que foi Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil no ano 86 co inesquecible Das cousas de Ramón Lamote, pon en xogo toda a súa sabedoría narradora para reelaborar dende a Galicia de hoxe, e para quen guste da literatura sen filtros, contos como "A carapuchiña vermella", "O parrulo feo" e "O gato con botas". Contos para todo tipo de lectores que o escritor actualiza e nos devolve con azos novos, sen perderen a forza e a maxia literaria que os fixo permanecer na lembranza de milleiros de lectores.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego