Falemos de caricatura

12,50

Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como «A caricatura como arte», publicado na revista «Grial» xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico «Como debuxar caricaturas» (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros «Castelao humorista» (1996) e «Castelao en el arte europeo» (2016). Agora, nesta entrevista de Félix Caballero, verte o seu saber práctico e teórico sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.
Social

Peso 0.100 kg
Autor

Felix caballero, Siro

Idioma

Galego

Nº de páginas

120

ISBN

978-84-9121-325-3

Año edición

2018

Editorial

Xerais

Prazo de entrega