A hora de espertarmos xuntos

A hora de espertarmos xuntos

22,00

A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi.

Hay existencias

Categorías: ,

Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado.”A hora de espertarmos xuntos” é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.

Peso 0.500 kg
Autor

Kirmen Uribe

Idioma

Galego

Nº de páginas

360

ISBN

9788491212379

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Premios

Premio da Crítica Española (en euskera), 2016

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)