Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PARECE QUE ORBALLA!

€12,00
ISBN 788494551291
Astro-Rato leva tanto tempo viaxando polo espazo que xa esqueceu a súa misión. Menos mal que aí está Lampadiña para lembrarlle os seus deberes. Viaxa cos nosos heroes polos planetas máis estraños da galaxia, afrontando ameazas tan espantosas como o Monstro Ciclópeo, os habitantes do planeta Chiklón ou Patacator.

Con esta disparatada aventura comeza a publicación en galego desta exitosa serie infantil de Fermín Solís —autor xa coñecido polos nosos lectores, adultos e cativos—, publicada agora nunha edición especial para coleccionistas, cun novo deseño e incluíndo fotos inéditas de Astro-Rato, un xogo despregable e debuxos para colorear. Xa están en preparación os volumes 2 e 3.

____

Editorial: El Patito Editorial
Idioma: Galego