Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TRES DISPAROS E DOUS FRIAMES

€16,00
ISBN 9788498650945
Que lector galego non coñece xa a Frank Soutelo?

Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood. Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego