Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SERVIR ERA O PAN DO DEMO. HISTORIA DA VIDA COTIÁ EN GALICIA. (SÉCULOS XIX E XX)

€28,90
ISBN 9788491514268
Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.

O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e galegos “normais” para saber como comían, bebían, cantaban, namoraban… en definitiva, como era a vida segundo a clase social á que pertencecen, pois non era igual para os fidalgos que para os labregos, para os burgueses que para as serventes. Nada é alleo á pescuda e ao estudo do autor, e así, a familia, a vivenda, a roupa, a hixiene, os labores e atafegos económicos… Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego