Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

1984

€19,00
ISBN 9788416721368
Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar?

En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.
GEORGE ORWELL Motihari, India, 1903; Londres, 1950
Xornalista, columnista, ensaísta e crítico literario, o seu nome real era Eric Arthur Blair. Foi un dos escritores europeos máis importantes do século XX. Comprometido coas causas a prol da liberdade e da xustiza social e en contra dos totalitalismos, a obra literaria de Orwell reflicte en cada momento a súa ideoloxía, claramente anti-imperialista. A súa extensa obra componse principalmente de escritos e ensaios publicados en diferentes revistas e xornais ingleses: 'Down and Out in Paris and London', 'The Road to Wigan Pier'. Na obra 'Homage to Catalonia', Orwell describe as súas experiencias durante a Guerra Civil en España. Xa daquela denunciaba o sectarismo stalinista e a represión sobre o movemento anarcosindicalista. En 1984, Orwell preséntanos por vez primeira o concepto do "Irmán Grande", o ollo que todo o ve, na sociedade autoritaria. Foron precisamente esta obra premonitoria, "1984" (1949), e "A granxa dos animais" (1945), as novelas que o consagraron como un dos grandes novelistas contemporáneos.

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Galego