13 ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA PRÓXIMA

20,00

Son 13 poetas que rondan a trintena e que publicaron o seu primeiro libro despois do 2005, ano no que as eleccións autonómicas abriron en Galicia un período histórico de novas circunstancias políticas e sociais.

Hay existencias

Neste sentido, os 13 poetas seleccionados por María Xesús Nogueira permítenlle ás lectoras e aos lectores descubrir u­nha paisaxe até agora nunca abordada: a que emerxeu dunha longa transición democrática e das tensións estéticas provocadas pola crise económica. Trátase dun proxecto inédito de colaboración editorial que traslada simultaneamente a dous idiomas un fenómeno poético en plena ebulición creativa.

As diferentes propostas tratan -conclúe Nogueira- un rico repertorio temático que abrangue desde os topoiuniversais, como o amor, o paso do tempo, a morte, até os conflitos do presente, con rexistros poéticos heteroxéneos que rexeitan o barroquismo e desconfían da propia linguaxe e da “confesionalidade” da poesía, -establecendo distancias e desenvolvendo unha dimensión ficcional-, buscando a “naturalidade, a expresión núa, o discurso magmático, o gusto conceptual”, ou a hibridación con outras formas de expresión. Mais, -resume-, nestas actitudes é onde podería residir a “novidade” destes trece autores e autoras, ben coñecedores “do substrato poético que están a pisar e para os que a etiqueta novos resulta simplificadora demais e necesariamente transitoria”. Polo menos, podería engadirse, ata que sexan reivindicados outros “novos”, malia que tampouco é excepcional que os mesmos e as mesmas “novos” estean a ser así significados durante moitos anos, tendo xa traxectorias máis ou menos consolidadas.

 

Peso 0.100 kg
Autor

VV.AA

Idioma

Castellano, Galego

Nº de páginas

256

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

9788494570179

Año edición

2017

Editorial

Chan da Polvora