Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PLAN PEDAGOXICO PARA GALEGUIZACION DAS ESCOLAS

€15,00
ISBN 9788412560008

Hai algo máis dun século, en 1921, Vicente Risco publicou nos números 6 e 7 da revista Nós unha proposta de Plan pedagóxico para a galeguización das escolas. O obxectivo era crear unha guía docente que permitise galeguizar e modernizar o modelo escolar do momento. Risco elaborou esta proposta a raíz do encargo que se lle fixera na asemblea das Irmandades da Fala que se celebrou en Vigo en 1921 e foi aprobado na asemblea de Monforte en 1922. Posteriormente, Risco publicou unha nova versión do plan en 1934 en A Nosa Terra.

O Plan de Risco incluía recomendacións para o propio edificio da escola, que debía ter unhas determinadas condicións estéticas, hixiénicas, educativas e pedagóxicas, pero sobre todo para a organización da vida escolar, buscando "o desenvolvemento do carácter galego", cultivando "as virtudes propias da nosa raza" e corrixindo "os nosos vicios". Risco suxería, por exemplo, que "hai que facer que as primeiras impresións que o neno reciba sexan enxebres, que a escola sexa un prolongamento do seu ambiente natural galego, que estean os nenos o máis tempo posíbel en contacto coa Terra". Ademais, apostaba por incluír nos plans de estudos amplas nocións de xeografía de Galicia, historia de Galicia e vidas de galegos ilustres, lingua e literatura galegas e de Arte galega.

Por suposto, a proposta incidía na cuestión lingüística, sinalando que "o ideal sería que o ensino se dera en lingua galega" ou, cando menos, que "o galego non sexa sistematicamente estrañado e botado fóra das escolas", lembrando que "a apelación á nosa fala é indispensábel, polo demais, polo menos nas escolas rurais, se é que o escolante se ha facer comprender verdadeiramente dos rapaces".

____

Editorial: FUNDACION VICENTE RISCO 11-2023

Idioma: Galego