Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DIARIO DUN REPUNANTE

€12,00
ISBN 9788494754517

“Para profundar sobre a esencia da retranca, ese elementos discursivo que vén dar no signo diferencial que di dos galegos o que somos, hai que botar man destes artigos”.

«Estes artigos de Xosé Manuel Pereiro, lidos así, todos xuntos e seguidos veñen dar na reflexión da relación íntima que existe entre as ideas e a retranca. Para profundar sobre a esencia da retranca, ese elemento discursivo que vai moito máis alá da ironía e que vén dar no signo diferencial que di dos galegos o que somos, hai que botar man destes artigos. O camiño do particular anecdótico ao universal, o uso das citas ilustres como o recurso de ‘pasoulle como aquel que…’ son estratexias literarias que enchen os textos de físgoas polas que o lector chega á comprensión cabal. A ese ‘xa cho mo parecía a min do lector satisfeito’.

En fin, que o día que se inventou o mundo, Xosé Manuel Pereiro estaba alí e agora, coma nesas historias de textos atopados no máis poirento e escuro andel dun alfarrabista, damos nós co seu diario e iso sempre agacha un tesouro para o lector».

Xabier P. DoCampo

 

Editorial: Luzes 2017 X.M. Pereiro
Idioma: Galego